[Bio]

Fotografía de Samuel Ramiro y Gabriel Quiñones

Mónica Caldeiro (ela/elu) é unha escritora e tradutora galega nada en Barcelona no ano 1984 que habita no rural lucense. De formación filolóxica e tradutolóxica, especializouse en literatura norteamericana do século XX. Como investigadora independente sen afiliación institucional, o seu estudo centrouse nas poéticas experimentais dos séculos XX e XXI, con fincapé nas tradicións norteamericanas e europeas. Traballa como tradutora, docente de tradución, investigadora e artista escénica.

É autora, en galego, do libro de poemas Estudo sobre o voo dos corzos (Xerais, 2025); en catalán, do poema-libro Accident(ade)s de crema(r) (RIL Editores, 2023) e, en castelán, escribiu Latitud Sur (Varasek Ediciones, 2021), Avispero (Varasek Ediciones, 2018), La música de los planetas (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2015) e Vaginas, cartografías y asteroides (Editorial Isla Negra, 2013). Tamén para Isla Negra editou a escolma Como cantan las piedras: muestra de poesía gallega contemporánea (2012), publicada en Puerto Rico. A súa obra apareceu en libros como Lupercais [unha antoloxía posible] (Chan da Pólvora, 2023), Decir mi nombre: Muestra de poetas contemporáneas desde el entorno digital (Editorial Milenio, 2019) ou Domicilio de nadie: Muestra de una nueva poesía barcelonesa (Isla Negra, 2008). É tradutora ao castelán da obra poética de Ted Berrigan e Joanne Kyger, e traduciu ao catalán ao poeta Charles Bernstein.

Foi unha das pioneiras do chamado spoken word no Estado español, comezando a súa andaina por Barcelona en espazos e colectivos como La PAPA, a Xarxa de Poesía Urbana de Barcelona e Spoken Word Barcelona, do cal foi cofundadora. Leva dende 2009 traballando na praxe da poesía escénica e da oralidade, e levou os seus versos no corpo a escenarios e festivais de cidades como París, Nova York, San Francisco, Montreal ou Calgary. No ano 2011 foi poeta residente do programa de spoken word do Banff Centre, en Canadá.  

A súa liña de investigación actual está baseada no activismo tolleito-cuir no rural galego e no posthumanismo filosófico dende un punto de vista poético.

Algúns recitais destacados:

  • Festival das Lupercais (2023, 2025).
  • Poemátika (Bilbao, 2023).
  • Poésie à la Goutte d’Or (París, 2022).
  • Festival NUDO (Barcelona, 2022).
  • Dilluns de poesia a l’Arts Santa Mónica con Charles Bernstein, Barcelona (2019). 
  • Festival Kerouac de Vigo de Poesía y Performance, Vigo (2017, 2016).
  • Exhibición nacional de Spoken Word / Spoken Word Bilbao (2016).
  • Vociferio, Festival de Poesía Oral y Escénica de Valencia (2016, 2011).
  • Festival Voix Vives de Mediterráneo en Mediterráneo, Toledo (2014).
  • Calgary Spoken Word Festival, Banff, Canadá (2013, 2011).
  • Festival de Polipoesia de Barcelona (2012, 2010).
  • Barcelona Poesia (2011, 2010).

[EN]

Mónica Caldeiro (she/they) is a Galician writer and translator born in Barcelona in 1984 and based in the rural area of Lugo. With a background in Philology and Translation, she specialized in 20th-century American literature. As an independent researcher with no institutional affiliation, her studies have been centered on experimental poetics of the 20th and 21st centuries, with a focus on North American and European traditions. She works as a translator, translation teacher, researcher, and spoken word artist.

She is the author, in Galician, of the book of poems Estudo sobre o voo dos corzos (Xerais, 2025); in Catalan, of the poem-book Accident(ade)s de Crema(r) (RIL Editores, 2023) and, in Spanish, of Latitud Sur (Varasek Ediciones, 2021), Avispero (Varasek Ediciones, 2018), La música de los planetas (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2015), and Vaginas, cartografías y asteroides (Editorial Isla Negra, 2013). Also, for Isla Negra, she edited the anthology Como cantan las piedras: muestra de poesía gallega contemporánea (2012), published in Puerto Rico. Her work has appeared in volumes such as Lupercais [unha antoloxía posible] (Chan da Pólvora, 2023), Decir mi nombre: Muestra de poetas contemporáneas desde el entorno digital (Editorial Milenio, 2019), or Domicilio de nadie: Muestra de una nueva poesía barcelonesa (Isla Negra, 2008), among others. She has translated into Spanish the poetry of Ted Berrigan and Joanne Kyger, and, into Catalan, the poet Charles Bernstein.

She is one of the pioneers of the so-called spoken word in Spain, beginning her journey in Barcelona in spaces and collectives such as La PAPA, Xarxa de Poesía Urbana de Barcelona, and Spoken Word Barcelona, which she co-founded. Since 2009, she has worked as a spoken word artist, embodying her verses in stages and festivals in cities like Paris, New York, San Francisco, Montreal, and Calgary. In 2011, she was a poet in residence in the Spoken Word Program at the Banff Centre in Canada.

Her current research is focused on crip-queer activism in rural Galicia and philosophical posthumanism from a poetic perspective.

Reading highlights:

  • Festival das Lupercais (2023, 2025).
  • Poemátika (Bilbao, 2023).
  • Poésie à la Goutte d’Or (París, 2022).
  • Festival NUDO (Barcelona, 2022).
  • Dilluns de poesia a l’Arts Santa Mónica con Charles Bernstein, Barcelona (2019). 
  • Festival Kerouac de Vigo de Poesía y Performance, Vigo (2017, 2016).
  • Exhibición nacional de Spoken Word / Spoken Word Bilbao (2016).
  • Vociferio, Festival de Poesía Oral y Escénica de Valencia (2016, 2011).
  • Festival Voix Vives de Mediterráneo en Mediterráneo, Toledo (2014).
  • Calgary Spoken Word Festival, Banff, Canadá (2013, 2011).
  • Festival de Polipoesia de Barcelona (2012, 2010).
  • Barcelona Poesia (2011, 2010).