close
Saltar ao contido

Alberto Argibay Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlberto Argibay Pazos
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónadestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Alberto Argibay Pazos, coñecido tamén como Alberto Pazos na súa etapa portuguesa, nado o 16 de xaneiro de 1965 en Pontevedra, é un exadestrador de fútbol galego.

Entre 2005 e 2007 dirixiu o Pontevedra Club de Fútbol, primeiro na Segunda División e despois na Segunda División B. Foi adestrador do Braga, do Farense e do Marítimo, todos eles equipos da Primeira Liga. Co Braga chegou a unha final da Taça de Portugal en 1998.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Na década de 1990 foi adestrador de diferentes equipos galegos, incluído o Alondras Club de Fútbol, o Portonovo Sociedade Deportiva e o Club Deportivo As Pontes.[1]

En 1997 foi fichado polo Sporting Clube de Braga da Primeira Liga como asistente do adestrador principal, o tamén galego Fernando Castro Santos. Na segunda metade da tempada 1997/98 foi promovido ao primeiro posto e conseguiu levar o equipo á final da Taça de Portugal, na que o Braga finalmente perdeu por 3-1 contra o Futebol Clube do Porto.[2]

Entre 1999 e 2000 foi adestrador do Club Deportivo Ourense da Segunda División B.[3]

En 2001 foi contratado polo Sporting Clube Farense. A súa destitución tivo lugar o 27 de novembro dese ano, cando o equipo se encontraba a só tres puntos da zona de descenso.[4]

Na tempada 2002/2003 foi contratado para dirixir o Alicante Club de Fútbol da Segunda División B. O 6 de novembro de 2002, na rolda de penaltis dun partido da Copa do Rei, o equipo de Argibay derrotou o Valencia Club de Fútbol, vixente campión da Primeira División. Naquela altura o adestrador do Valencia era Rafa Benítez, amigo persoal de Argibay.[5]

Pontevedra

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2005, tras a destitución de José Aurelio Gay, Argibay foi contratado como novo adestrador do Pontevedra Club de Fútbol da Segunda División. En xuño dese ano, a pesar do descenso do equipo á Segunda B, Argibay renovou contrato como técnico do Pontevedra.[6]

Na tempada 2005/2006 conseguiu levar o equipo á promoción de ascenso, aínda que finalmente perdeu a eliminatoria contra o Sevilla Atlético. O 22 de marzo de 2007 anunciouse a saída de Argibay e a incorporación de Javi Gracia como novo adestrador do club.[7]

Marítimo

[editar | editar a fonte]

O 8 de abril de 2007 fíxose oficial o regreso de Argibay á máxima categoría portuguesa como adestrador do Club Sport Marítimo, naquela altura en novena posición.[8] Nos últimos seis partidos da tempada conseguiu dous puntos para o Marítimo.[9]

Etapa posterior

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2015 anunciouse a intención de compra do Real Avilés Industrial por parte de ICD Consulting, un grupo de investimento fundado por Argibay. Con todo, o descenso inesperado do equipo á Terceira División frustrou a operación.[10]

Na década de 2020 traballou en varias ocasións como adestrador nas categorías inferiores do AJ Lérez.[11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 2004, durante un período de descanso na súa traxectoria profesional, Argibay recomendou a fichaxe de Charles Dias polo Pontevedra tras observalo xogar nun partido do Feirense da Segunda Liga. Posteriormente o brasileiro foi un xogador chave no Pontevedra e noutros equipos das ligas españolas, como o Celta de Vigo.[12]

Nas eleccións municipais de 2019 traballou como asesor de Marea Pontevedra en materia deportiva.[13]

  1. "Un incomprendido en Galicia por el que se pegan en Portugal" (en castelán). La Voz de Galicia. 8 de abril de 2007. Consultado o 15 de abril de 2026.
  2. "Alberto Pazos acredita na vitória do Sp. Braga" (en portugués). Rádio e Televisão de Portugal. 28 de maio de 2015. Consultado o 15 de abril de 2026.
  3. "«Se exagera demasiado»" (en castelán). La Voz de Galicia. 23 de maio de 2000. Consultado o 15 de abril de 2026.
  4. "Pazos sacked by Farense" (en inglés). UEFA. 27 de novembro de 2001. Consultado o 15 de abril de 2026.
  5. Agulló, Andrés (7 de novembro de 2002). "España acaba con la Copa para el Valencia" (en castelán). Diario AS. Consultado o 15 de abril de 2026.
  6. "Argibay renueva por una temporada con el Pontevedra" (en castelán). La Nación. EFE. 21 de xuño de 2005. Consultado o 15 de abril de 2026.
  7. Castro, V. (22 de marzo de 2007). "Mirón cesa a Argibay y trae al inexperto Xavi Gracia" (en castelán). El Correo Gallego. Consultado o 15 de abril de 2026.
  8. "Alberto Pazos é o novo treinador do Marítimo". Público (en portugués). 8 de abril de 2007. Consultado o 15 de abril de 2026.
  9. Reis Alves, João (19 de agosto de 2020). "Os 10 melhores (ou menos maus) treinadores espanhóis que passaram por Portugal" (en portugués). Bola na Rede. Consultado o 15 de abril de 2026.
  10. Gutiérrez, N. (12 de xuño de 2015). "El grupo inversor que lidera Alberto Argibay reconoce que en Tercera «es difícil»" (en castelán). El Comercio. Consultado o 15 de abril de 2026.
  11. "Alberto Argibay". lapreferente.com (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2026.
  12. Alonso, Santi (15 de maio de 2014). ""Por mentalidad competitiva"" (en castelán). Atlántico Diario. Consultado o 15 de abril de 2026.
  13. Varela, María (16 de maio de 2019). "El legado de Argibay juega en Marea" (en castelán). Diario de Pontevedra. Consultado o 15 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]