Diego Villares
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 17 de xuño de 1996 Samarugo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Grupo étnico | Pobo galego | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,86 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Diego Villares Yáñez, nado en Samarugo (Vilalba) o 17 de xuño de 1996,[1] é un futbolista galego que xoga de centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División, club do que é o capitán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Racing Vilalbés (2006-2018)
[editar | editar a fonte]Formouse futbolisticamente no Racing Vilalbés, comezando nas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo, co que debutou en Terceira División na parte final da tempada 2013/14 estando aínda en idade xuvenil.[1] Na seguinte tempada continuou no equipo xuvenil pero xogando con máis asiduidade no primeiro equipo, co que disputou 24 partidos, anotando 5 goles. Na súa etapa xuvenil xogaba como pivote ofensivo, mentres que na escuadra sénior o adestrador Óscar Gilsanz escorouno cara a banda dereita.[2]
Xa asentado no primeiro equipo, xogou os seguintes tres anos en Terceira, sendo titular en case todos os partidos. Nesta etapa disputou unha fase de ascenso a Segunda B na 2017/18 e converteuse no xogador máis importante do equipo.[3]
Fabril (2018-2021)
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 fichou polo Deportivo Fabril, en Segunda División B.[3] Debutou na primeira xornada de liga fronte ao Internacional de Madrid e marcou o seu primeiro gol na categoría en Pasarón, fronte ao Pontevedra.[4] Con todo, no filial deportivista adestrado primeiro por Tito Ramallo e logo por Sergi Pellicer, non tivo continuidade, e no inverno foi cedido ao seu antigo club, o Racing Vilalbés.[5]
Cesión ao Racing Vilalbés (2019)
[editar | editar a fonte]Cando volveu ao Racing Vilalbés, o equipo atopábase nunha situación moi diferente á que había cando marchara, co equipo ocupando postos de descenso a Preferente.[6] Disputou co club lucense os 19 partidos restantes da tempada, anotando catro goles, e logrou a salvación comodamente, ao rematar no 11º posto.
De regreso no Fabril (2019-2021)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2019/20, co Fabril en Terceira, gañou a titularidade dende o principio tendo un rendemento notable, pero foi na seguinte campaña cando se converteu no capitán e líder indiscutible do equipo, adestrado por Juan Carlos Valerón.[7] Disputou 41 partidos co Fabril, anotando cinco goles e gañando a Copa Deputación 2019.[8]
Deportivo da Coruña (2021-presente)
[editar | editar a fonte]O 1 de febreiro de 2021, último día do mercado invernal, o Deportivo da Coruña anunciou a tramitación das fichas de Rayco e Diego Villares co primeiro equipo, como reforzos invernais no peor momento deportivo da historia do club, na Segunda División B e fóra dos postos de ascenso.[9][10] Debutou co Deportivo o 7 de febreiro no Campo do Vao fronte ao Coruxo, con derrota por 2-0.[11] Foi titular en todos os restantes partidos, converténdose nun dos piares do equipo adestrador por Rubén de la Barrera e sendo galardoado ao remate da tempada como Xogador Estrella Galicia, tras unha votación entre os afeccionados do club para elixir o mellor xogador da tempada.[12][13]
Continuou sendo un dos xogadores máis importantes do equipo durante as seguintes dúas campañas na nova Primeira División RFEF, pero o club viviu dúas novas decepcións ao perder o ascenso en senllas promocións frustradas. Na tempada 2023/24 incorporouse ao equipo o andaluz José Ángel, co que Villares formou un excelente pivote no centro do campo, sendo o bo traballo de ambos unha das claves do ascenso do equipo de Imanol Idiakez á Segunda División.[14][15] Disputou un total de 40 encontros, 38 deles como titular, e anotou catro goles. O seu rendemento fixo que recibise o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do club durante a tempada, o segundo da súa carreira.[16]
Na tempada 2024/25 debutou na categoría de prata, e aínda que lle custou un tempo adaptarse, acabou sendo un imprescindible no centro do campo xunto a José Ángel.[17] En xaneiro de 2025, trala saída de Lucas Pérez do Deportivo, Villares converteuse no novo capitán do equipo, aínda que xa levaba usando ocasionalmente o brazalete dende 2022.[18] Pechou a tempada con 41 partidos e 4 goles, igualando a súa mellor marca anotadora no Deportivo. Na tempada 2025/26 continuou como habitual nos onces iniciais de Antonio Hidalgo, ocupando de novo diferentes posicións no centro do campo.[19] A chegada de Riki no mercado invernal aumentou a competencia por u posto, pero Villares continuou saíndo como titular na maioría de partidos.[19] Na xornada 38 ante o Leganés acadou os 200 partidos oficiais co Deportivo, co que acabou logrando o ascenso na penúltima xornada ante o Valladolid en Zorrilla.[20] Unhas semanas despois o club anunciou a renovación do seu contrato ata xuño de 2028.[19]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Fabril
- Copa Deputación da Coruña (1): 2019.
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Racing Vilalbés | 2013/14 | Terceira | 3 | 0 | - | - | - | - | 3 | 0 |
| 2014/15 | Terceira | 24 | 1 | - | - | - | - | 24 | 1 | |
| 2015/16 | Terceira | 33 | 5 | - | - | - | - | 33 | 5 | |
| 2016/17 | Terceira | 37 | 5 | - | - | - | - | 37 | 5 | |
| 2017/18 | Terceira | 37 | 4 | - | - | 4 | 0 | 41 | 4 | |
| 2018/19 | Terceira | 19 | 4 | - | - | - | - | 19 | 4 | |
| Total club | 153 | 19 | 0 | 0 | 4 | 0 | 157 | 19 | ||
| Fabril | 2018/19 | Segunda B | 10 | 1 | - | - | - | - | 10 | 1 |
| 2019/20 | Terceira | 24 | 3 | - | - | - | - | 24 | 3 | |
| 2020/21 | Terceira | 12 | 2 | - | - | - | - | 12 | 2 | |
| Total club | 46 | 6 | 0 | 0 | 0 | 0 | 46 | 6 | ||
| Deportivo da Coruña | 2020/21 | Segunda B | 12 | 0 | 0 | 0 | - | - | 12 | 0 |
| 2021/22 | 1ª RFEF | 34 | 1 | 1 | 0 | 2 | 0 | 37 | 1 | |
| 2022/23 | 1ª RFEF | 33 | 4 | 1 | 0 | 2 | 0 | 36 | 4 | |
| 2023/24 | 1ª RFEF | 36 | 4 | 2 | 0 | 2 | 0 | 40 | 4 | |
| 2024/25 | Segunda | 40 | 4 | 1 | 0 | - | - | 41 | 4 | |
| 2025/26 | Segunda | 36 | 2 | 1 | 0 | - | - | 37 | 2 | |
| Total club | 191 | 15 | 6 | 0 | 6 | 0 | 203 | 15 | ||
| Total carreira | 390 | 40 | 6 | 0 | 10 | 0 | 406 | 40 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e final de campións de Primeira Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Diego Villares: "Os que teñen que dalo todo polo Vilalbés son os de aquí"". 16 de decembro de 2017. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Fabril ficha a Diego Villares, la promesa de Tercera". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- 1 2 "Diego Villares, primer fichaje del Fabril para la próxima temporada" (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "El Fabril desaprovecha dos goles de ventaja en Pasarón" (en castelán). 11 de novembro de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ García, Rubén (30 de novembro de 2019). "De Abegondo a Vilalba, 75 kilómetros" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares vuelve cedido al Vilalbés". El Progreso (en castelán). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ Castiñeira, Martín (21 de dcembro de 2020). "Diego Villares, el chico para todo de Juan Carlos Valerón" (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "O Fabril, campión da Copa Deputación". 14 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares incorpórase á disciplina do primeiro equipo". 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares subirá al primer equipo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2021.
- ↑ "Nova derrota branquiazul (2-0)". 7 de febreiro de 2021. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Diego Villares: un regalo inesperado" (en castelán). 11 de marzo de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "Diego Villares, Xogador Estrella Galicia do Dépor 20·21". Deportivo da Coruña. 10 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "El Deportivo, en busca de socios para José Ángel y Villares" (en castelán). 15 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024.
- ↑ "José Ángel renueva con el Deportivo hasta 2026" (en castelán). 30 de xuño de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2024.
- ↑ "Chío do Deportivo da Coruña". Twitter. Consultado o 22 de agosto de 2024.
- ↑ Gómez, Xurxo (2 de xuño de 2025). "El Uno x Uno del Deportivo en la temporada 2024-25". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2025.
- ↑ López Bonome, Antón (11 de febreiro de 2025). "Diego Villares, de ascendido por necesidad a líder del Deportivo 150 partidos después" (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2025.
- 1 2 3 Arrizado, Bea (10 de xuño de 2026). "La historia blanquiazul de Villares continúa: el club renueva a su capitán". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2026.
- ↑ Abelenda Lado, Daniel (17 de maio de 2026). "Villares: «Nunca en mi vida había pensado en vivir algo así»". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).