close
Saltar ao contido

Gaku Shibasaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaku Shibasaki

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de maio de 1992 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Noheji Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaXapón Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo20 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2016 Kashima Antlers 174(17)
2017–2017   CD Tenerife 16(2)
2017–2019   Getafe CF 29(1)
2019–2020   Deportivo da Coruña 26(0)
2020–2023   Club Deportivo Leganés 98(5)
2023– Kashima Antlers
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2009   Xapón sub-17 11(2)
2014–   Xapón 45(3)
Participou en
2019Copa América de 2019
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2015Copa de Asia de 2015 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeErina Mano (2018–) Editar o valor en Wikidata

Twitter: GakuShibasaki_ Instagram: official_gaku FIFA: 307719 Editar o valor en Wikidata

Gaku Shibasaki (柴崎 岳 Shibasaki Gaku), nado en Noheji (Aomori) o 28 de maio de 1992, é un futbolista xaponés. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Kashima Antlers da J1 League.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Kashima Antlers (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Nado en Noheji, na prefectura de Aomori, estudou no Instituto Yamada, onde comezou a destacar en campionatos xuvenís de fútbol. En xaneiro de 2010 anunciouse sería xogador do Kashima Antlers a partir da tempada 2011.[1] Debutou co seu novo club na J1 League o 29 de abril de 2011, nun partido ante o Avispa Fukuoka, da man do adestrador brasileiro Oswaldo de Oliveira, que o fixo xogar como lateral dereito.[2] Catro días despois disputou o seu primeiro encontro continental, ante o Shanghai Shenhua na Liga de Campións da AFC.[3]

Marcou o seu primeiro gol na prórroga das semifinais da Copa J.League, metendo o seu equipo na final, que finalmente acabaría conquistando ante o Urawa Red Diamonds con Shibasaki como titular.[4] Pechou a súa primeira campaña como profesional, cun total de 20 encontros e un gol. Na seguinte tempada, xa con Jorginho como adestrador, revalidou o título da copa da liga, sendo o autor dos dous goles do Kashima Antlers na final contra o Shimizu S-Pulse no Estadio Nacional.[5] Durante esta campaña xogou 45 encontros, nos que anotou catro goles, asentado no centro do campo, e recibiu o premio ao mellor xogador novo da liga.

Disputou a totalidade dos partidos do seu equipo na tempada 2013 e continuou destacando na 2014, na que foi elixido no once ideal da liga. En 2015 gañou a súa terceira Copa J.League e ao ano seguinte proclamouse por primeira vez campión de liga, superando na final ao Urawa Red Diamonds.[6] Como campión do Xapón, disputou a Copa do Mundo de Clubs, sendo titular en todos os encontros do seu equipo e contribuíndo a acadar a final. Enfrontouse entón ao Real Madrid no Estadio Internacional de Iocoama e anotou dous goles cos que o Kashima Antlers neutralizou o tanto inicial de Karim Benzema. A pesar de que a final se acabou decantando a favor do conxunto español grazas a un triplete de Cristiano Ronaldo, a actuación de Shibasaki chamou a atención do fútbol europeo e valeulle o Balón de Bronce do torneo como terceiro mellor xogador (só por detrás de Cristiano Ronaldo e Luka Modrić), así como o premio ao xogo limpo da FIFA.[7]

O primeiro día do 2017 conquistou a Copa do Emperador ante o Kawasaki Frontale, sendo este o último encontro da súa primeira etapa no Kashima Antlers.[8]

O 31 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Tenerife, da Segunda División. Despois dun difícil período de adaptación,[9] debutou co club canario o 19 de marzo, nun partido de liga ante o Reus, substituíndo no treito final a Aitor Sanz.[10] Nos seguintes encontros aumentou a súa participación e asentouse na titularidade a partir da xornada 36, sendo unha importante peza do equipo na súa pelexa polo ascenso á Primeira División.[11] Marcou un gol na 40ª xornada ante o Alcorcón e foi autor do tanto co que o Tenerife elminou ao Cádiz e se meteu na final da promoción de ascenso. Foi titular nos dous partidos da final ante o Getafe, pero non puido certificar o ascenso.[11]

Aínda que o Tenerife estaba interesado na súa renovación, no verán de 2017 asinou un contrato de catro anos co Getafe, que acababa de conseguir o ascenso a Primeira contra o propio Tenerife.[12] Debutou na máxima categoría contra o Athletic de Bilbao de San Mamés e marcou o seu primeiro gol nun encontro ante o FC Barcelona no Coliseum.[13] Con todo, nese partido contra o Barça sufriu unha lesión que o afastou dos terreos de xogo durante tres meses, completando a tempada cun total de 22 encontros. A súa participación reduciuse drasticamente na campaña 2018/19, na que xogou só 9 partidos entre liga e Copa do Rei.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

O 14 de xullo de 2019 asinou por catro tempadas polo Deportivo da Coruña, da Segunda División, na busca de máis minutos.[14] Converteuse así no primeiro xogador nipón en vestir a camisola do Deportivo.[15] O traspaso foi a custo cero, acordando que o club galego só abonaría unha parte en caso de ascenso.[16] Debutou na primeira xornada, saíndo como titular ante o Oviedo en Riazor, e formou parte do once inicial na maior parte da tempada, perdendo algúns encontros por unha lesión muscular e polos dous cartóns vermellos que viu ante o Zaragoza e o Elche.

Disputou un total de 27 encontros co club galego, que completou unha das peores tempadas da súa historia, culminada co descenso á Segunda División B.

O 4 de setembro de 2020 fichou polo Leganés, co que firmou por tres tempadas, continuando así na Segunda División.[17] Durante as seguintes tres tempadas disputou 99 partidos co club madrileño, anotando cinco goles.

Kashima Antlers (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

Ao remate do seu contrato co Leganés regresou ao Xapón e ingresou de novo no Kashima Antlers. Para a tempada 2024 recibiu o brazalete de capitán e na seguinte campaña capitaneou o equipo na conquista do título de liga, superando por un punto ao Kashiwa Reysol.[18]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Kashima Antlers
  1. "柴崎岳選手の2011年加入内定について" (en xaponés). 20 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 10 de abril de 2026.
  2. "岩政が逆転ゴール!!鹿島が今季初勝利、柴崎もデビュー飾る" (en xaponés). 29 de abril de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
  3. "セットプレーから興梠2発!!鹿島は今夜にもグループリーグ突破決定" (en xaponés). 3 de maio de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
  4. "新人離れのプレー」、ボランチ&SBで奮闘の柴崎「金メダルは重たかった" (en xaponés). 29 de outubro de 2011. Consultado o 10 de abril de 2026.
  5. "Jリーグヤマザキナビスコカップ 決勝トーナメント 決勝" (en xaponés). 3 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2014. Consultado o 10 de abril de 2026.
  6. "鹿島3連敗も収穫 昌子「手応えかなり感じている」" (en xaponés). 29 de outubro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2026.
  7. "「鹿島から多くの才能が現れた」伊紙が"目を奪われた"選手として柴崎などを紹介" (en xaponés). 20 de decembro de 2016. Consultado o 10 de abril de 2026.
  8. "鹿島V ベテラン若手が融合…黄金時代再来の予感" (en xaponés). 1 de xaneiro de 2017. Consultado o 10 de abril de 2026.
  9. "El japonés Gaku Shibasaki del Tenerife no termina de adaptarse" (en castelán). 14 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de abril de 2026.
  10. "Máyor da la victoria al Reus y se aleja del descenso" (en castelán). 19 de marzo de 2017. Consultado o 20 de abril de 2026.
  11. 1 2 Prado, Alejandro (22 de xuño de 2017). "Gaku Shibasaki golea al choque cultural". El País (en castelán). Consultado o 20 de abril de 2026.
  12. "El Getafe anuncia el fichaje de Gaku Shibasaki" (en castelán). 17 de xullo de 2017. Consultado o 20 de abril de 2026.
  13. "El golazo de volea de 'San Gaku' Shibasaki al Barça" (en castelán). 16 de setembro de 2017. Consultado o 20 de abril de 2026.
  14. "Gaku, na súa presentación, márcase como meta "axudar ao equipo a conseguir o ascenso"". 22 de xullo de 2019. Consultado o 20 de abril de 2026.
  15. "Gaku Shibasaki, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2019.
  16. "Oficial: Gaku Shibasaki ya es nuevo jugador del Deportivo". Diario As. 14 de xullo de 2019. (en castelán)
  17. "Oficial: El Leganés ficha a Gaku y lo reúne de nuevo con Martí" (en castelán). 4 de setembro de 2020. Consultado o 20 de abril de 2026.
  18. "J1 League Match Week 38 Recap: Kashima celebrate ninth title after victory over Yokohama F・M" (en inglés). 7 de decembro de 2025. Consultado o 20 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]