Gento II
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 24 de abril de 1939 Guarnizo, El Astillero | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 14 de setembro de 2016 Guarnizo, El Astillero | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1957 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Julio Gento López, máis coñecido como Gento II, nado en Guarnizo (El Astillero, Cantabria) o 24 de abril de 1939 e finado na mesma localidade o 14 de setembro de 2016, foi un futbolista español que xogaba na demarcación de centrocampista. Era irmán dos tamén futbolistas Paco Gento e Gento III.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 1961–62 fichou polo Deportivo da Coruña, en Segunda División. Debutou na décima xornada, nun partido en Riazor contra o CD Ourense que rematou con vitoria local por 4–1, anotando Gento o cuarto gol do conxunto branquiazul. Foi un habitual da dianteira coruñesa xunto con Jaime Blanco, Veloso e Amancio. O equipo logrou o ascenso a Primeira División tras lograr o campionato de Segunda, e Gento participou en 17 encontros e logrou 4 goles.
Faleceu o 14 de setembro de 2016, aos 77 anos.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Racing llora la muerte del hermano de Paco Gento". Marca (en castelán). 14 de setembro de 2016.