John Howe
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de agosto de 1957 Vancouver |
| Educación | Escola Superior de Artes Decorativas de Estrasburgo Escola Nacional Superior das Artes Decorativas |
| Actividade | |
| Ocupación | ilustrador, artista |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Premios | |
| |
| Sitio web | john-howe.com |
John Howe, nado en Vancouver o 21 de agosto de 1957, é un ilustrador canadense de libros e filmes, coñecido principalmente polos seus traballos baseados na obra de J. R. R. Tolkien.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Howe e Alan Lee foron os artistas principais na triloxía do Señor dos Aneis de Peter Jackson.[2] Tamén reilustrou os mapas do Señor dos Aneis, O hobbit e O Silmarillion entre 1996 e 2003.
Con todo, o seu traballo non se limita á obra de Tolkien. Ilustrou moitos libros de fantasía, como os de Robin Hobb, ou debuxado sobre a lenda anglosaxoa Beowulf. Contribuíu á adaptación da película The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe da obra de C. S. Lewis. En 2005, unha edición limitada da novela A Clash of Kings de George R. R. Martin foi publicada por Meisha Merlin Publishing, incluíndo varias ilustracións de Howe.
O seu último traballo con Peter Jackson é a adaptación cinematográfica da obra O Hobbit, formando equipo, unha vez máis, con Alan Lee como deseñador conceptual do mundo de Tolkien.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dibujos de Howe sobre el universo de Tolkien". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Diseños y arte conceptual de Howe para la trilogía de Peter Jackson". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de John Howe
- Retrato documental do artista