close
Saltar ao contido

Pavo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavo
Meleagris gallopavo
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
M. gallopavo Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Fonte de alimentación
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGalliformes
FamiliaPhasianidae
XéneroMeleagris
EspecieMeleagris gallopavo Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Meleagris gallopavo Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Envergadura119 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01rd7k Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2908605944 Editar o valor en Wikidata
UNIIGR18GHS3OW Editar o valor en Wikidata
ITIS176136 Editar o valor en Wikidata
OTT446482 Editar o valor en Wikidata
UICN22679525 Editar o valor en Wikidata
CoL3ZDJV Editar o valor en Wikidata
EOL45510619 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons

O pavo[1] (Meleagris gallopavo) é unha especie de ave galiforme da familia Phasianidae.

É orixinario de América do Norte, mais introduciuse como ave doméstica en case todo o mundo. A súa poboación no momento da chegada dos europeos calcúlase en 40 millóns de exemplares, sendo fortemente cazada ou domesticada. Na actualidade estímase que hai 4 millóns en estado salvaxe e moitos millóns máis en estado doméstico.

Características biolóxicas

[editar | editar a fonte]

Os pavos habitan o norte de América, desde os Estados Unidos até o sur de México; as subespecies atópanse nunha ampla gama de hábitats incluíndo chairas e montes, necesitando abeiro para os niños e de árbores para se pousar e evadir os depredadores. Pasan gran parte do día a procurar alimento polo chan e só voan curtas distancias sen chegar a migrar.

Polo xeral son omnívoros e aliméntanse de pequenos insectos, sementes e plantas. O peso e o talle varía considerabelmente dunha subespecie a outra e son de comportamento diúrno pousándose á noite nas pólas das árbores.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Os pavos organízanse nunha sociedade xerárquica e comunícanse mediante chamadas e contacto físico sumándose a estes os cortexos sexuais. Segundo a estación, os machos e as femias compórtanse de xeito distinto formando grupos de tamaño e funcións variábeis.

Fóra da época de reprodución os machos e as femias viven en grupos separados, mais chegando a primavera créanse "pavadas de cortexo", grupos de machos adultos e femias de maior tamaño. Neses momentos os machos fixan territorios e os grupos de femias desarticúlanse, provocando que as femias transiten solitarias con total liberdade polos territorios; os machos que conseguiron fixar o seu dominio sobre un territorio tratarán de atraer femias con chamadas sonoras e realizando movementos complexos. En grupos de machos novos só o máis dominante é o que se aparea e comunmente un grupo pequeno de machos dominantes ten total dominio sobre un gran número de individuos.

Cando o macho e maila femia consumaron o acto sexual empezan a construción do niño podéndose aparear diariamente até o momento de chocar. Polo regular as femias forman grupos para aniñar e criar os seus pitos no mesmo niño. A nai pavo depositará de 5 a 8 ovos e chocaraos arredor de 28 días; a seguir os pitos ficarán no niño até os 6 ou 7 meses. Se o apareamento non provoca o nacemento de crías as femias forman pavadas sen niñada. Polo inverno os machos mailas femias sepáranse formando "pavadas invernais" e os pitos machos deixan o niño e forman as súas propias "pavadas invernais".

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Coñécense seis subespecies de Meleagris gallopavo :[2][3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]