Qantas Airways Limited é a aeroliña nacional de Australia. O nome é un acrónimo de "Queensland and Northern Territory Aerial Services", xa que orixinalmente servía Queensland e o Territorio do Norte, e ten o alcume de "The Flying Kangaroo" (o canguro voador). Ten a súa base no aeroporto de Sydney. É a aeroliña máis grande de Australia e a terceira máis antiga do mundo aínda en servizo, tras KLM e Avianca.[1] A sede de Qantas está situada no Qantas Centre, no suburbio de Mascot en Sydney. Qantas é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Oneworld.[2]
Qantas ten varias aeroliñas filiais que operan cara centros rexionais e realizan algunhas rutas troncais en Australia baixo o nome de QantasLink. Qantas temén é propietaria de Jetstar, unha aeroliña de baixo custo que opera tantos servizos internacionais dende Australia como servizos domésticos en Australia e Nova Zelandia, e ten accións en outras aeroliñas do Grupo Jetstar.