West Island[1] é a capital do Territorio externoaustraliano das Illas Cocos (Keeling).[2] A poboación é duns 190 habitantes e está composta principalmente por europeos. É ademais a menos poboada das dúas illas habitadas dese arquipélago (a outra é Illa Home). Formou parte das Posesións da familia Clunies-Ross, e durante a segunda guerra mundial funcionou aquí un aeroporto militar. Ademais dos edificios gobernamentais, un almacen xeral e un pequeno aeroporto, ten instalacións turísticas.
Opera unha escola de primaria e secundaria da High School District District Cocos en West Island. A maioría dos estudantes dese campus son orixinarios do continente australiano.[3]