O grupo comezou realizando actuacións por California, e aos poucos comezaron unha xira por locais pequenos durante o 2001 e o 2002. O seu primeiro gran concerto foi en maio dese último ano no Jamboree Festival, na zona de Chicago. Moitos dos temas tocados nesa época non aparecerían no seu posterior álbum. Nos meses de novembro e decembro pasarían a tocar en clubs grandes do medio oeste e o nordeste dos Estados Unidos e realizaron varios concertos como abreconcertos de Counting Crows.
En 2003 lanzaron o seu único disco, Mary Star of the Sea, que obtivo unha decente aceptación pola crítica. Acompáñarono os sinxelos de "Honesly" e "Lyric" cos seus respectivos vídeos. Unha edición especial do disco foi lanzada xunto cun DVD dunha hora de duración con cancións, entrevistas e escenas da gravación do disco.
Máis tarde, ese mesmo ano, a banda separaríase alegando conflitos internos.