A Perfect Circle
| A Perfect Circle | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
A Perfect Circle (a miúdo tamén escrito como APC) é un supergrupo de rock formado nos Ánxeles (California) durante o ano 1999 polo guitarrista Billy Howerdel e o vocalista de Tool Maynard James Keenan. A súa primeira formación tamén incluía a Paz Lenchantin no baixo, a Troy Van Leeuwen na guitarra e a Tim Alexander á batería. A banda entrou nun período de hiato no ano 2004 cando contaba con James Iha (guitarra), Jeordie White (baixo) e Josh Freese (batería) nas súas filas ademais dos dous fundadores do grupo.
A Perfect Circle ten publicados tres álbums: Mer de Noms, Thirteenth Step e eMOTIVe. Tamén editou o CD-DVD aMOTION, que contén 13 vídeos musicais e remesturas de temas creados por Danny Lohner, Robert Del Naja e outros artistas.
Dende o parón do grupo en 2004 os seus membros veñen participando doutros proxectos. Os máis destacables foron o traballo de Keenan no álbum de Tool 10,000 Days, lanzado en 2006, e o de Howerdel fundando o grupo Ashes Divide.
Nunha entrevista a finais do 2008 Keenan anunciou que Howerdel máis el estaban traballando en novo material[1]. Porén, a banda non volvería realmente á actividade ata setembro do ano 2010, cando se anunciou unha xira e a edición de novas composicións, aínda que dende entón o grupo non lanzase ningunha gravación de estudio.
O 19 de novembro de 2013 a banda publicou un álbum de grandes éxitos titulado Three Sixty, que conterá unha nova canción, "By and Down", e o 23 dese mes editarou un box set chamado A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo.[2] Mentres o grupo continua traballando en material novo dende o seu regreso, hai poucos detalles sobre o seu calandario ou formas de edición.
Biografía
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]A Perfect Circle tomou forma a finais da década dos 90 cando Billy Howerdel, músico de estudio e técnico de guitarras (que traballara con Tool, The Smashing Pumpkins, Nine Inch Nails e Fishbone), gravou demos de cancións incompletas co fin de reunir a persoas interesadas no seu traballo para completalo.
El atopou á baixista/violinista Paz Lenchantin, que facía música para películas e series de ciencia ficción (X-Files, por exemplo), e que xa tocara nalgunhas bandas, entre elas The Martinis, banda do ex-Pixies Joey Santiago.
Máis tarde, Maynard James Keenan, vocalista de Tool, amosouse moi interesado polo traballo de Howerdel, ao que coñecera durante as sesións de gravación do Aenima de Tool. Pero Howerdel abstívose nun principio, xa que Maynard estaba comprometido coa súa banda e Billy dicía que quería unha vocalista feminina para as súas composicións. El realmente non quería que a súa banda soase como Tool. Pero como Tool estaba parado debido a un problema contractual coa súa discográfica, Maynard xuntouse a Howerdel e Paz.
Danny Lohner, baixista de Nine Inch Nails, uniríase ao grupo como guitarrista, e a partir dese intre comezarían a xuntar as pezas do traballo de Howerdel. Pero Lohner non tiña tempo para ser un membro activo no grupo, e cedeu o seu posto a Troy Van Leeuwen, guitarrista de Failure. Tim Alexander (ex-Primus) colaborou como batería nos ensaios, pero só cando Josh Freese (ex-Vandals, Devo e Guns 'n' Roses) non podía estar presente. O grupo asumiu o nome de A Perfect Circle, tocando sets de 7 ou 5 cancións nalgúns concertos benéficos.
Mer de Noms
[editar | editar a fonte]Coa formación estabilizada, A Perfect Circle comezou o proceso de gravación de Mer de Noms, lanzado en 2000 pola Virgin Records. Durante a gravación e despois do lanzamento oficial do álbum, a banda tocou de abreconcertos en varios concertos de Nine Inch Nails.
Con Mer de Noms lanzado, a banda foi conseguindo notoriedade, mesmo coas acusacións de satanismo/ateísmo das súas letras, a súa populariedade medraba en cada presentación, tocando en programas de TV coma o Tonight Show de Jay Leno, o Late Show de David Letterman e o programa de Craig Killborn. A banda non se pronunciaba directamente sobre se tiña unha ideoloxía satanista nas súas letras, e cando foi preguntado sobre o tema "Judith", Maynard só diría: "É unha canción sobre fe cega. Non é exactamente para o deus cristián, e si para calquera tipo de deus."
Rematadas as datas axendadas, A Perfect Circle atópase parado e os seus membros parten para outros proxectos: Maynard volta a Tool para gravar Lateralus; Billy Howerdel fai algunhas presentacións como convidado e produtor/técnico de son de Abandoned Pools, mentres grava algún material só; Troy Van Leeuwen monta The Enemy (onde é o compositor principal), e vai de xira con Queens of the Stone Age como músico de apoio; Josh Freese lanza o seu disco titulado The Notorious One Man Orgy, onde gravou a maioría dos instrumentos; e Paz Lenchantin lanza de maneira independente Yellow my Sky Captain, un recompilatorio de cancións que compuxera dende a adolescencia, e participa en proxectos como a banda do seu irmán (Big Milk), Camerata Tango, Firecrasher (con Melissa auf Der Maur), e ao final, na nova banda de Billy Corgan: Zwan.
Despois dun longo período ocioso, A Perfect Circle decide volver ao estudio en 2003 para rematar as cancións que comezara Billy Howerdel. Pero a banda deixaría de contar con Paz Lenchantin, que ingresara en Zwan sen dar máis explicacións aos antigos compañeiros de banda. Billy e Maynard recrutan entón a Jeordie White, máis coñecido como Twiggy Ramirez (baixista e compositor de Marilyn Manson). En medio desta confusión, Troy Van Leeuwen tampouco pode contribuír efectivamente con A Perfect Circle, sendo ocasionalmente substituído polo seu antecesor, Danny Lohner.
Thirteenth Step e eMOTIVe
[editar | editar a fonte]O segundo e esperadísimo disco de A Perfect Circle, que recibiu o título de Thirteenth Step, apareceu na metade de 2003. Despois do lanzamento do álbum, James Iha, antigo membro de The Smashing Pumpkins, converteuse no novo guitarrista da banda. Nese mesmo ano, o grupo participou no festival Lollapalooza ao lado de bandas coma Audioslave, Queens of the Stone Age e Jane's Addiction.
En 2004 A Perfect Circle decidiu participar na loita contra a reelección do presidente George W. Bush nos Estados Unidos. A banda lanzou eMOTIVe, que é basicamente unha protesta en forma de disco conceptual. O tracklist do álbum contén poucas cancións inéditas, como "Passive" (a versión final de "Vacant", que a banda tocaba na xira de Mer de Noms) e "Counting Bodies Like Sheep to the Rhythm of Our Drums" (esta basicamente é unha versión sampleada de "Pet", do disco anterior). De entre as versións, destacan a de "Imagine", de John Lennon, e "What's So Funny About Peace, Love And Understanding" de Elvis Costello. Con eMOTIVe, A Perfect Circle distánciase dos seus sons máis pesados, engadindo elementos electrónicos que contribúen no lado máis lúgubre da banda. Dúas semanas despois do lanzamento de eMOTIVe, a banda presentou o DVD aMOTION, que contén todos os videoclips do grupo, acompañado dun CD de son con mesturas.
Hiato
[editar | editar a fonte]
A banda permaneceu inactiva despois de tocar o seu último concero o 13 de xuño do 2004 en Denver, Colorado. Keenan centrou o seu traballo no seguinte álbum de Tool, 10,000 Days, mentres que Howerdel iniciou un proxecto paralelo con Josh Freese, chamado Ashes Divide. O resto dos membros uníronse a distintos proxectos de xira e de gravación.[3][4] Ademais Keenan editou o seu primeiro álbum co seu proxecto Puscifer o 30 de outubro do 2007, V is for Vagina. O resto da banda tamén tomou diferentes camiños. Freese encargouse novamente da batería de Nine Inch Nails. White volveu a reunirse con Marilyn Manson na guitarra co seu pseudónimo Twiggy Ramirez, e Iha comezou a traballar nun novo disco en solitario, despois de que houbese rumores sobre a posibilidade de que este se reunise novamente con The Smashing Pumpkins no 2007.
Regreso
[editar | editar a fonte]O 9 de decembro do 2008 blabbermouth.net publicou que Keenan anunciara que el e Howerdel estiveran compoñendo novos temas para A Perfect Circle.[5] Porén, Keenan tamén dixo que a banda non tiña plans para facer unha xira ou gravar un novo álbum e a banda estivo oficialmente en hiato ata mediados de 2010.[6] O punto de inflexión foi unha inesperada colaboración entre Keenan e Howerdel; Keenan tiña programado tocar unha versión de "Bohemian Rhapsody" con Brian May no mes de xuño na E3 2010, pero May tivo que cancelar a actuación a última hora.[7] Necesitando un guitarrista, e sabendo que Howerdel estaba na zona, Keenan falou con el e Howerdel tocou a guitarra na canción.[7] A pesar de ter pouco tempo para prepararse a actuación foi un éxito, e posteriormente ámbolos dous sentíronse máis obrigados a tocar xuntos novamente.[8]
O 3 de agosto do 2010 Howerdel puxo na súa conta de Twitter "The APC dust is shaking off!" (o po de APC estase sacudindo). Posteriormente, Josh Freese posteou vía Facebook "I'm happy to report that A Perfect Circle is waking up from it's 6 year slumber...and we're going to be 'doing stuff' soon" (estou contento de anunciar que A Perfect Circle está espertando do seu letargo de seis anos... e dirixímonos a facer cousas cedo). O Twitter oficial da banda posteou entón unha actualización dicindo "Go tell Aunt Rosie... The old grey goose is dead not" (vai dicirlle a tía Rosie... o vello ganso gris non está morto), con ligazóns as contas de Twitter de Billy Howerdel, Josh Freese, a banda de Troy Van Leeuwen Sweethead, Matt McJunkins, Danny Lohner, Paz Lenchantin e Maynard James Keenan. Un tweet posterior tamén ligaba con James Iha. Todos eles foran membros ou colaboradores da banda no pasado coa excepción de McJunkins, que fora membro de xira na outra banda de Howerdel, Ashes Divide, e do proxecto de Keenan Puscifer.
O 13 de setembro a banda anunciou datas de xira nas cales tiñan a intención de tocar enteiros os seus tres álbums, tocando un disco cada noite. Tamén anunciaron que a banda estaría formada por Maynard James Keenan, Billy Howerdel, Josh Freese, Matt McJunkins e James Iha.
O día 27 de outubro a banda realizou a súa primeira aparición en televisión dende a súa reunión no programa Jimmy Kimmel Live!, realizando un pequeno concerto. A interpretación de "Weak and Powerless" e "Imagine" serían emitidas[9]. O grupo tamén actuou en Last Call with Carson Daly o 12 de novembro, con Keenan como un dos convidados do programa.
A Perfect Circle continuou xirando en 2011. A finais de marzo anunciouse a través da súa páxina unha xira por Norteamérica con concertos en 24 cidades. A banda actuou no Rock on the Range Festival de Columbus, Ohio o 22 de maio[10], no Boonstock Music Festival de Edmonton, Alberta o 2 de xullo[11], no Edgefest de Toronto o 9 de xullo, e no Bluesfest de Ottawa o 10 de xullo de 2011. Tamén tocaron no Kanrocksas Music Festival en Kansas City o 6 de agosto e no Lollapalooza en Chicago nese mesmo mes. Freese non estivo coa banda nesa xira debido a un conflito de datas con Weezer e Jeff Friedl, batería de Ashes Divide, ocupou o seu lugar.
Keenan e Howerdel continuaron facendo alusión á gravación de nocva música, pero seguiron dicindo que o proceso era lento, a loxística dos cartos e a dispoñibilidade facíano difícil, e que un álbum completo aínda era improbable, favorecendo o lanzamento de sinxelos no seu lugar. Só unha nova canción, "By and Down", foi interpretada nos concertos.[12] A finais de ano Keenan revelou que ningún material estaba lista para publicar, e que no 2012 tanto el como Howerdel regresarían aos seus outros proxectos, Puscifer e Ashes Divide.[13] A banda estivo inactiva no transcurso de 2012, realizando só un concerto en decembro.[14] Antes do concerto, no mes de outubro, Freese anunciou que deixaría a banda, sendo substituído por Friedl.[15][16]
A banda realizou algúns concertos a comezos de 2013, incluíndo o Soundwave Music Festival en Australia[17] e o Lollapalooza Chile,[18] aínda que Keenan informou de que aínda non chegaran a completar ningunha canción nova debido ás súas outras obrigas.[19][20] Máis tarde ese mesmo ano, a banda anunciou dous lanzamentos recompilatorios separados para novembro de 2013. O primeiro, un álbum de grandes éxitos titulado Three Sixty, que contiña unha nova gravación de estudio, “By and Down”; e o segundo, unha caixa titulada A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo.[21] A caixa contiña catro CDs de música en directo: un por cada unha das súas tres interpretacións completas dos álbums Mer de Noms, Thirteenth Step e Emotive realizadas en 2010, colectivamente chamadas Trifecta, e unha gravación da súa actuación de 2011 no Red Rocks Amphitheatre, chamada Stone and Echo.[22] O conxunto tamén incluía un DVD coa gravación en vídeo da actuación Stone and Echo de 2011.[22] Ao promover estas edicións, Howerdel volveu falar sobre futuros lanzamentos, comentando que sentía que xa tiñan “o 75% da base do próximo disco de A Perfect Circle preparada”, aínda que recoñeceu que aínda lles faltaban as letras e as melodías vocais de Keenan, e que todo podería cambiar dependendo da reacción deste ao material.[23] Tamén admitiu que seguían en desacordo sobre o formato de publicación: Keenan prefería lanzamentos máis pequenos, mentres que Howerdel se inclinaba polo formato dun álbum completo. Pouco despois, a banda volveu caer en varios anos de inactividade pública, sen moito máis que o comentario de Howerdel en 2015 reiterando o seu compromiso coa banda,[24] e as declaracións de Keenan a comezos de 2016 nas que expresaba que seguía con intención de regresar ao proxecto.[25]
Eat the Elephant
[editar | editar a fonte]A banda volveu á actividade en 2017 co anuncio de que se reformarían para embarcarse nunha xira norteamericana en abril e maio dese ano.[26] A súa intención era tamén usar as interpretacións en directo de material novo como motivación para rematar a gravación do álbum, de xeito similar a como fixeran na súa primeira xira de 1999 para inspirar a finalización de Mer de Noms.[27] En marzo a banda anunciou que asinara un novo contrato discográfico (o primeiro en trece anos) para lanzar un cuarto álbum de estudio de longa duración a través de BMG Rights Management.[28] Howerdel inicialmente deu un prazo provisional entre novembro de 2017 e principios de 2018 para o novo disco,[29] mentres que Keenan afirmou que o álbum non sairía en 2017.[30][31] Unha segunda xira norteamericana comezou en outubro e durou ata decembro de 2017.[32] A banda continuou a estrear novas cancións durante as xiras, incluíndo os temas "Feathers" e "Hourglass".[33]
O cuarto álbum de estudio da banda, Eat the Elephant, foi lanzado o 20 de abril de 2018.[34] Catro sinxelos foron lanzados antes do álbum: "The Doomed" en outubro de 2017, "Disillusioned" en xaneiro de 2018, "TalkTalk" en febreiro de 2018 e "So Long, and Thanks for All the Fish" en abril de 2018.[35] O álbum marca a primeira vez que a banda optou por traballar cun produtor musical externo: Dave Sardy.[36] Sardy axudou a Keenan e Howerdel a atopar un terreo común nas súas ideas musicais durante o proceso de gravación, axudándoos a atopar un camiño para avanzar e rematar o álbum.[34] A banda realizou unha extensa xira en 2018 para promovelo, incluíndo actuacións en Rock on the Range e en Coachella.[37] En xuño de 2018 ampliaron a xira cun novo tramo norteamericano cara finais de ano, e publicaron un vídeo en 2D con efecto holográfico para a canción “The Contrarian”.[38] Iha non puido participar nas actuacións entre abril e xullo debido ao seu compromiso coa reunión dos Smashing Pumpkins en 2018, e foi substituído temporalmente nos concertos por Greg Edwards, de Failure, aínda que Iha continúa sendo membro da banda.[39]
Presente
[editar | editar a fonte]Howerdel sinalou que lle gustaría que a banda continuase activa máis alá do ciclo do álbum Eat the Elephant, pero que a actividade futura, como historicamente acontecera, dependía da limitada dispoñibilidade de Keenan e dos seus compromisos cos outros proxectos que leva adiante.[40] Cando en xuño de 2018 lle preguntaron a Keenan se habería máis discos despois de Eat the Elephant, respondeu: “Si, debería habelos”.[41] Howerdel tamén se mostrou optimista, coincidindo en que a banda “seguirá adiante, seguro”.[42]
A finais de 2021, Keenan comentou que, aínda que seguía vendo futuro para A Perfect Circle, o ano 2022 estaría máis centrado no seu traballo con Puscifer e na publicación do álbum en solitario de Howerdel, What Normal Was.[43][44] Durante a xira de What Normal Was en 2022, Howerdel reiterou a súa intención de facer máis música de A Perfect Circle nalgún momento, explicando que era algo no que pensaba e para o que ás veces escribía material, pero que non había plans concretos nin sequera comezara a falar con Keenan sobre iso.[45][46]
A banda realizou unha serie de concertos en directo por primeira vez desde 2018 en abril de 2024, xunto con Puscifer e Primus.[47] O 29 de marzo de 2024 publicaron a súa primeira canción nova en seis anos, “Kindred”.[48] O tema apareceu nun EP compartido de tres bandas, Sessanta E.P.P.P., que inclúe unha canción de A Perfect Circle, outra de Puscifer e outra de Primus.[49] Freese regresou á banda por primeira vez en trece anos para gravar a batería da canción e para tocar nalgúns dos concertos da xira, mentres que Gunnar Olsen, de Puscifer, o substituíu nas datas nas que Freese tivo que ausentarse debido aos seus compromisos con Foo Fighters.[50]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Mer de Noms | 2000 | Virgin Records |
| Thirteenth Step | 2003 | Virgin Records |
| eMOTIVe | 2003 | Virgin Records |
| Eat the Elephant | 2018 | BMG Rights Management |
EPs
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Deep Cuts | 2009 | Virgin Records |
DVDs e outros
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]Membros
[editar | editar a fonte]Membros actuais
[editar | editar a fonte]- Maynard James Keenan: voz.
- Billy Howerdel: guitarra e voz.
- James Iha: guitarra.
- Jeordie White (Twiggy Ramirez): baixo.
- Josh Freese: batería.
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- Troy Van Leeuwen: guitarra e voz.
- Danny Lohner: guitarra.
- Paz Lenchantin: baixo e violín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ["New Music From A Perfect Circle On The Way?". blabbermouth.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2013. blabbermouth.net - New Music From A Perfect Circle On The Way?(en inglés)]
- ↑ "Rolling Stone - Maynard James Keenan Knows Where to Score a Good Wig". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2013.
- ↑ Blabbermouth (2005-01-25). "A PERFECT CIRCLE's JOSH FREESE Drumming For STING". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ Archive-Jon-Wiederhorn. "A Perfect Circle Prepare For Hibernation". MTV News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ "New Music From A Perfect Circle On The Way?". Blabbermouth. Archived from the original on 11 de outubro de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2018.
- ↑ Blabbermouth (2010-06-18). "A PERFECT CIRCLE Is Coming Around Again". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2019-12-30.
- 1 2 "Maynard James Keenan: Going Postal". Revolver (en inglés). 2013-03-01. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ "Maynard James Keenan, Billy Howerdel on A Perfect Circle's Return to a "Doomed" World". Revolver (en inglés). 2018-04-04. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ ["A Perfect Circle Performs On Jimmy Kimmel Live!". blabbermouth.net (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2013. blabbermouth.net - A Perfect Circle Performs On Jimmy Kimmel Live! (en inglés)]
- ↑ "Cartel do Rock on the Range Festival 2011". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011.
- ↑ "Cartel do Boonstock Music Festival". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 06 de xullo de 2011.
- ↑ "A Perfect Circle Unveils New Song, 'By & Down,' for Summer Tour". Billboard. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ Wiederhorn, Jon. "Maynard James Keenan Talks Puscifer, A Perfect Circle and the Latest on Tool". Loudwire (en inglés). Consultado o 2019-12-30.
- ↑ Blabbermouth (2012-09-10). "A PERFECT CIRCLE To Play One-Off Show In Las Vegas". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ "Drummer Josh Freese Exits A Perfect Circle". Theprp.com (en inglés). 2012-10-02. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ Blabbermouth (2012-10-02). "Drummer JOSH FREESE Quits A PERFECT CIRCLE". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2019-12-30.
- ↑ "A PERFECT CIRCLE Guitarist 'Would Love To' Release New Studio Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2012-12-28. Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Hartmann, Graham (2013-04-02). "Watch A Perfect Circle + Puscifer Perform Full Sets From Lollapalooza Brazil". Loudwire (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Hartmann, Graham (2013-02-04). "Report: Maynard James Keenan Says Tool Will Not Release New Album in 2013". Loudwire (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Grow, Kory (2013-02-12). "Stream Puscifer's 'Bohemian Rhapsody'-Covering 'Donkey Punch the Night' EP". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ Prato, Greg (2013-09-17). "Maynard James Keenan Knows a Good Wig". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- 1 2 "A Perfect Circle Issuing Live Box Set │ Exclaim!". A Perfect Circle Issuing Live Box Set │ Exclaim! (en inglés). Consultado o 2026-03-07.
- ↑ "Interview With Billy Howerdel, A Perfect Circle Guitarist". AlternativeNation. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2026.
- ↑ "UG AMA: A Perfect Circle's Billy Howerdel Answers UG Community's Questions". www.ultimate-guitar.com (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ "RIVERSIDE: Puscifer searches for an open-minded audience". Press Enterprise (en inglés). 2016-03-16. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2022. Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Childers, Chad (2017-01-09). "A Perfect Circle Announce Spring 2017 U.S. Tour". Loudwire (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Lipshutz, Jason (2017-01-17). "A Perfect Circle Has ‘Every Intention’ of Releasing New Music in 2017". Billboard (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ "A PERFECT CIRCLE Signs Worldwide Deal With BMG, Announces New Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2017-03-30. Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Walden, Eric. "Concert preview: A Perfect Circle comes back around to touring, new music". The Salt Lake Tribune (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Wicks, Amanda (2017-05-08). "Tool and A Perfect Circle Won’t Release Albums in 2017". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ "Maynard James Keenan Reacts To Criticism Of New Tool & A Perfect Circle Album Comments". alternativenation.net. Consultado o 2026-03-10.
- ↑ Josephs, Brian (2017-06-19). "A Perfect Circle Announce Fall Tour". SPIN (en inglés). Consultado o 2026-03-10.
- ↑ "A Perfect Circle stirs a big Starlight crowd with barrages of heavy, eerie prog-rock". The Kansas City Star. Consultado o 10 de marzo de 2026.
- 1 2 Grow, Kory (2018-02-05). "A Perfect Circle's Maynard James Keenan Talks First Album in 14 Years". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Maxwell, Jackson (2018-02-05). "A Perfect Circle Announce New Album, Share "TalkTalk"". Guitar World (en inglés). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Leight, Elias (2017-11-16). "See A Perfect Circle's Cold, Stark Video for 'The Doomed'". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-20.
- ↑ Neilstein, Vince (2018-01-03). "Coachella 2018 Lineup Includes A Perfect Circle, Portugal the Man, Greta Van Fleet, The Bronx, Carpenter Brut and More". MetalSucks (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Reed, Ryan (2018-06-11). "Watch A Perfect Circle's Creepy 'The Contrarian' Video". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "A Perfect Circle's James Iha to Miss 2018 Tour Dates". Loudwire (en inglés). 2018-03-16. Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Appleford, Steve (2018-04-18). "A Perfect Circle Talk Coachella Memories, Band's Future". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "A Perfect Circle Maynard James Keenan eonmusic Interview June 2018". eonmusic: music for life. (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "A Perfect Circle’s Billy Howerdel: ‘We Will Move Forward'". Loudwire (en inglés). 2018-11-05. Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "SPIN Presents Lipps Service with Maynard James Keenan". Spin. Consultado o 23 de marzo de 2026.
- ↑ Parker, Matt (2022-04-27). "Billy Howerdel announces debut solo album, What Normal Was". Guitar World (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "BILLY HOWERDEL Talks Solo Album, Tech Nightmares, Working With NIN & Reflections On A PERFECT CIRCLE's Thirteenth Step". Metal Injection (en inglés). 2022-06-10. Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Kaufman, Spencer (2022-08-11). "Billy Howerdel Recalls the Time He Introduced Maynard James Keenan to Trent Reznor: Exclusive". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ "A PERFECT CIRCLE Announces First Live Performances Since 2018". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). 2023-09-12. Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Hadusek, Jon (2024-03-21). "A Perfect Circle, Puscifer, and Primus to release new songs on Sessanta EP". Consequence (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Armstrong, Chuck (2024-03-21). "A Perfect Circle, Puscifer + Primus Announce EP Featuring Brand-New Songs From Each Band". Loudwire (en inglés). Consultado o 2026-03-23.
- ↑ Scythe, Mandy (2024-03-23). "Josh Freese will Rejoin A Perfect Circle Live". MetalSucks (en inglés). Consultado o 2026-03-23.