Beariz
| Beariz | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||||
Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O xentilicio é bearizao[1] ou bearicense.
Poboación
[editar | editar a fonte]| Censo total | 973 (2018) |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 43 (4,42 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 467 (48 %) |
| Maiores de 65 anos | 463 (47.58 %) |

| Evolución da poboación de Beariz Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 | 2024 |
| 2226 | 2744 | 2653 | 1460 | 1404 | 1285 | 1205 | |||||||||||||
| (Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||||||||
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).
Da Idade de Bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.
Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.
Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.
Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per cápita máis alta de Galicia[Cómpre referencia].
Recursos naturais
[editar | editar a fonte]No concello hai minas de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a segunda guerra mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillaría, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.
As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.
A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nos cascalleiros os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.
Beariz na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]Un dos lugares da parroquia de Xirazga é Correa (ou A Correa). Cóntase que nesas terras se aparecía polas noites o medo, en forma de cabalo e os veciños chamaron ós frades do mosteiro de Aciveiro para que o exconxuraran. Os frades pediron como pago a terra ue ocupase a pel dun becerro, e os veciños aceptaron sen problemas. Os frades exconxuraron o medo e nunca máis se soubo del, pero á hora de cobrar a renda os frades cortaron a pel en correas e foron rodeando con elas unha grande extensión de terra, que é a que hoxe se coñece como campos das Correas.[2]
Beariz na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas [3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Beariz.
- Centro de Saúde de Beariz
- Aeródromo de Beariz
Parroquias
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz | |
|---|---|
|
Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador) |
Lugares de Beariz
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ Antonio Reigosa: Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías, Xerais, 2014, 219. A mesma lenda corre en Santiago de Compostela para explicar a orixe das terras do convento de San Francisco: aquí foron os monxes franciscanos os que pediron ós monxes bieitos do Mosteiro de San Martiño Pinario, unha terra do grandor dunha pel de boi, para poder cultivar unha horta e sobrevivir (Filgueira Valverde: Adral, Ed. do Castro, Sada 1979, 171-174).
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beariz |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
