close
Saltar ao contido

Benetton Rugby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benetton Rugby
NomeBenetton Rugby
UniónFederazione Italiana Rugby
Fundación1932; hai 93 anos
SedeItalia Treviso, Italia
Estadio(s)Stadio Comunale di Monigo
Capacidade6.700 espectadores
PresidenteAmerino Zatta
AdestradorKieran Crowley
CapitánDean Budd
Liga(s)Pro14
2018−193º (conferencia B)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.benettonrugby.it
Facebook: BenettonRugbyTreviso Twitter: benettonrugby Instagram: benettonrugby TikTok: benettonrugby Editar o valor en Wikidata

O Benetton Rugby é un equipo de rugby italiano con sede na cidade de Treviso (Véneto). O nome do club é, desde 1979, debido ao seu partrocinador, a compañía de moda Benetton. O equipo participa actualmente no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até o ano 2010 o equipo competiu no Super 10, a máxima categoría do rugby transalpino. Nesta última competición, o Benetton conseguiu desde a súa fundación en 1932 quince títulos nacionais.

O equipo de Treviso ten achegado unha gran cantidade de xogadores á selección italiana, como por exemplo Alessandro Zanni e Leonardo Ghiraldini. Por outra banda, o erquipo ten utilizado moitos xogadores estranxeiros, incluído os campións do mundo Craig Green, John Kirwan e Michael Lynagh. O club xoga os seus partidos como local no Stadio Comunale di Monigo, un recinto inaugurado en 1973 con capacidade para 6.700 espectadores.

O Treviso Rugby foi fundado en 1932. Gañou o seu primeiro título en 1956, cando gañou a liga italiana, este foi o primeiro dos moitos éxitos do club. Durante a década dos '70, o club gañou a súa primeira Copa en 1970, e outra liga en 1978. O ano anterior Benetton convertérase no principal espónsor, chamándose o club dende aquela Benetton Rugby Treviso. Gañou a competición doméstica dúas veces nos anos '80, unha no 83 e outra no 89, e dous anos despois se proclamaría novamente campión (1992).

En 1995 o rugby converteuse nun deporte profesional. O Benetton Treviso competiu na Heineken Cup 1995/96, a tempada inaugural das competicións europeas de rugby. O Benetton Treviso xogou dous partidos na competición, gañando un e perdendo o outro. A seguinte campaña xogaron catro partidos na Copa de Europa de rugby, gañando unicamente un partido. Volveron gañar a Liga Italiana en 1997. Na tempada 1998/99 da Heineken Cup o equipo conseguiu gañar tres partidos, todo un éxito para eles.

O Benetton Treviso dominou as ligas italianas en títulos. Gañaron a Copa de Italia en 1998, ao igual que a liga, que tamén gañaron en 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007 e 2009. O Benetton Treviso competiu na European Challenge Cup nas tempadas 2000-01 e 2002-03. Gañou a metade dos seus partidos na Copa de Europa de rugby 2004-2005, mais na Copa de Europa de rugby 2007-2008 unicamente puideron gañar un partido fronte aos Newport Gwent Dragons. Conseguiu a súa vitoria europea máis importante na tempada 2009–10 da Heineken Cup, ao derrotar ao campión do Top 14 francés, o Perpignan por 9–8 en Treviso.

Os seguintes son os xogadores dos Treviso para o Pro14 de 2019−20.[1]

Equipo do Benetton Rugby (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Ano Pos. Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos
2010–1110º229013238
2011–1210º227015836
2012–132210210650
2013–1411º225116830
2014–1511º223118519
2015–1612º223019820
2016–1710º225017323
Ano Conferencia Pos. Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos
2017–18Conferencia B5th21110101155
2018–19 Conferencia B211128957
Cuartos de finalMunster 15–13 Benetton Rugby
2019–20Conferencia B000000

Challenge Cup

[editar | editar a fonte]
Ano Conferencia Pos. Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos
2000–01 Grupo 16501010
2002–03 2º rolda Newcastle Falcons 43 – 32 Treviso (marcador acumulado)
2016–17 Grupo 1620408
2018–19 Grupo 56402420

Champions Cup

[editar | editar a fonte]
Ano Conferencia Pos. Xogos Vitorias Empates Derrotas Bonus Puntos
1995–96Grupo 1210102
1996–97Grupo 1410302
1997–98Grupo 5620404
1998–99Grupo 4630306
1999–00Grupo 5620404
2001–02Grupo 2610502
2003–04Grupo 5610515
2004–05Grupo 26303214
2005–06Grupo 4600633
2006–07Grupo 1600600
2007–08Grupo 1610515
2008–09Grupo 3600600
2009–10Grupo 1610515
2010–11Grupo 5600611
2011–12Grupo 5611417
2012–13Grupo 2610515
2013–14Grupo 5600600
2014–15Grupo 5610504
2015–16Grupo 4600600
2017–18Grupo 5600644
2019–20Grupo 1000000
  1. "Giocatori". Benetton Rugby. Consultado o 14 de novembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]