O Rodney Parade é un estadio da cidade de Newport, ao Sur de Gales. É empregado principalmente para disputar partidos de rugby e é a casa dos Dragons e do Newport RFC.
En 1875 foi creado o Newport Athletic Club, e dous anos despois comezaron a empregar o campo que Lord Tredegar tiña para os seus equipos de crícket, tenis, rugby e atletismo.