close
Saltar ao contido

Shropshire

Shropshire
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
506.737 (2020)
498.073 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   3.487,5894 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap57511 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dm0f Editar o valor en Wikidata
NUTSUKG22 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Shropshire /ˈʃrɒpˌʃə/ (abreviado Salop ou Shrops) é un dos corenta e sete condados de Inglaterra, Reino Unido, con capital en Shrewsbury.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Situado na rexión Midlands do Oeste limita ao norte con Cheshire, ao leste con Staffordshire, ao sur con Worcestershire e Herefordshire, e ao oeste e noroeste con Gales.[1][2]

Ten unha superficie de 3 487 km² e, no ano 2018 unha poboación de 473 900 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 136 hab./km².

Localizada na zona leste do condado áchase unha autoridade unitaria, Telford & Wrekin, onde se sitúa a súa vila máis grande, Telford. O resto do condado era unha autoridade de dous niveis dividida en cinco distritos, pero desde o 1 de abril de 2009 é unha autoridade unitaria tamén.[3]

Shropshire está atravesado polo río Severn, que divide a rexión en dúas partes. A zona norte és un terreo chan e apto para os cultivos, mentraes que a zona sur é un terreo elevado, onde se encontra a Área de Destacada Beleza Natural dos outeiros de Shropshire.

Durante algúns séculos, o condado recibiu o nome oficial de "Salop", derivado do antigo nome da capital, "Salopesbiry". En 1888 estableceuse o consello do condado baixo o nome de "Consello do condado de Salop". Este nome non foi nunca popular e, en 1980, o consello renomeouse como "Consello do condado de Shropshire". Porén, o termo "Salopian", derivado de "Salop", aínda se usa para denominar algo que procede de Shropshire.

O 25 de xullo de 1995, Stephen P. Laurie, astrónomo da vila de Shropshire de Church Stretton, descubriu un asteroide ao que lle deu o nome (7603) Salopia, conmemorando o nome en latín do condado, Salopia.[4]

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía do condado baséase na agricultura e na gandaría. Elabórase un queixo azul que leva o nome do condado, Shropshire, pero foi creado na cidade de Inverness no norte de Escocia. Por iso, o seu nome serve soamente para asocialo cun condado rural.[5]

A Clun Forest Sheep (ovella do bosque de Clun) é unha variedade de ovella do bosque cerca da vila de Clun, no suroeste de Shropshire. Foi introducida en Nova Escocia (Canadá) en 1970, e agora críase en toda América do Norte, e incluso en Hawai.[6]

Ademais da agricultura e gandaría, tamén posúe industrias metalúrxicas. Este condado é a "capital xeolóxica" da Gran Bretaña, xa que todos os tipos de rochas que se encontran e no norte de Europa están presentes en Shropshire. Isto inclúe depósitos de carbón, cobre e chumbo. Ademais, o río Severn, que atravesa o condado, utilizouse como medio de transporte de mercadorías e servizos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Office for National Statistics (2009). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2019.
  2. Office for National Statistics. "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2019.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2010. Consultado o 09 de decembro de 2019.
  4. 7603 Salopia. NASA.
  5. O queixo Shropshire Blue (en inglés).
  6. A ovella Clun Forest (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]