A terminación -ago do nome é unha evolución de -acum, sufixo tamén empregado en galorromano, e serve para derivar o nome dunha propiedade a partir do onomástico do seu dono; de xeito que ten o mesmo valor aproximado que o -anum hispanorromano. A presenza de topónimos en -acum en Hispania (Lechago, Sayago, Vidago) é interpretada de formas diferentes e algúns autores cren que pode ser explicado por un substrato celta.