Trasmoz sitúase nas abas do Moncayo, a unha altitude de 765 metros sobre o nivel do mar e ao oeste da provincia de Zaragoza, a unha distancia de 13 quilómetros de Tarazona e a 78 quilómetros de Zaragoza. Parte do seu termo municipal está ocupado polo parque natural do Moncayo.
A historia do actual núcleo ao Señorío de Trasmoz, que durante os séculos XII e XIII alternou entre o Reino de Aragón e o de Navarra, até que Xacobe I o conquistou definitivamente en 1232.[3] O nome «Trasmoz» figura por primeira vez na Carta Puebla de Vera de Moncayo de 1368, como "Trasmoz", e uns anos máis tarde no Libro Chantre, como "Trasmoç". Segundo Manuel Gargallo a súa etimoloxía debería buscarse no nome Trasmontes, debido á súa localización xeográfica, xa que a vila está rodeada por montes polo leste e polo oeste. Co paso do tempo, do nome Trasmontes perdeuse a primeira vocal postónica, e logo o grupo "ts" converteuse en "z", como ocorre a miúdo na fala aragonesa.[4]